querENDO mercar

Ola!

Queres ter unha das camisetas da campaña LEVANTA AS MANS POLA ENDOMETRIOSE?

Moitas grazas! con esta compra axudarasnos a seguir divulgando a endometriose coa finalidade de acurtar os tempos medios de espera diagnóstica. Imos rebaixar eses 8 anos de media entre todas!!!!

Xunto coa camiseta recibirás na túa casa un bolígrafo da campaña e información sobre a doenza e a asociación.

Os pasos que debes dar para recibir unha destas camisetas e máis o bolígrafo son:

  1. Ingresa 12€ na conta  da Caixa Rural Galega ES98-3070-0035-21-6145440928. Cando fagas o ingreso é importante que figure o teu nome e apelidos e pon en concepto Camiseta endometriose. Se queres máis dunha camiseta pon entre paréntese o número que queres.
  2. Envía unha copia do teu ingreso ao correo levantaasmanspolaendometriose@gmail.com e indícanos os seguintes datos

A) Nome e apelidos

B) Teléfono de contacto

C) enderezo ao que debemos facer o envío

D) Talla

Neste momento as tallas disponibles son M / L / XL

Talla M: ombreiros 46cm ancho 50cm Longo 67cm

Talla L: ombreiros  48cm ancho 57cm Longo 73cm

Talla XL: ombreiros 50cm ancho 59cm longo 75cm

Lembra que con esta compra estás axudando a que sigamos traballando na divulgación da endometriose.

 

 

Advertisements