Manifesto endometriose 2015

Imagen 1

querENDO é unha asociación formada por mulleres afectadas por endometriose que agarda do SERGAS e do SNS unha resposta que mellore a nosa calidade de vida. Dos montes galegos baixamos un toxo…

porque o toxo abunda na nosa terra e as mulleres con endometriose representamos cando menos o 10% da poboación feminina en idade fértil,

porque nas súas espiñas vemos a dor desta doenza,

pero sobre todo porque no amarelo das chorimas vemos a esperanza e as gañas de vivir con calidade que temos todas as mulleres con endometriose e porque mundialmente o amarelo é a cor que representa esta doenza.

Neste mes de marzo de 2015 estamos querENDO…

  • querENDO que o SERGAS asuma aquilo que o Sistema Nacional de Saúde aprobou na Guía de atención ás mulleres con endometriose hai xa tres anos.
  •  querENDO que se favorezan os diagnósticos precoces porque unha media de 8 anos agardando un diagnóstico perxudica gravemente a nosa saúde.
  • querENDO que en Galiza se cren servizos especializados e multidisciplinares de endometriose para non ir a outras comunidades, sumando á dor propia da doenza, os gastos e dificultades de non ter atención perto da casa.
  • querENDO derivacións para os casos máis severos mentres non haxa unidades especializadas aquí.
  • querENDO unha lista de espera diferenciada nos servizos de fertilidade, dado que os tempos para unha muller con endometriose son menores dos dunha muller sá.
  • querENDO que se teñan en conta as doenzas que se asocian á endometriose, físicas ou psíquicas.
  • querENDO información de calidade para participar da toma de decisións sobre tratamentos e cirurxías axeitadas ao noso estado e ao desexo presente ou futuro de ser nais e pedímolo porque a doenza non os incapacita mentalmente.
  • querENDO que se avalíen os efectos secundarios dos tratamentos.
  • querENDO coidados de enfermería específicos.
  • querENDO que na abordaxe da endometriose os servizos de xinecoloxía se coordinen cos servizos de cirurxía xeral, uroloxía, unidades de infertilidade, endocrinoloxía…
  • querENDO que se promova a sensibilización social e profesional.
  • querENDO que se investigue sobre endometriose.

querENDO para as mulleres con endometriose un toxo con menos espiñas e máis chorimas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s