Derivacións e reclamacións

A Guía de atención a mulleres con endometriose do Sistema Nacional de Saúde, establece unha serie de itinerarios de atención para mellorar a calidade da asistencia ás mulleres afectadas. Podes consultala aquí.

Desgraciadamente, aínda existe un amplo descoñecemento e falta de sensibilidade por parte da comunidade médica e das institucións sanitarias. Isto é especialmente grave no caso galego, onde non contamos aínda con ningunha unidade multidisciplinar capaz de asumir a plena atención das enfermas con endometrioses profundas (grao III e grao IV).

No seguinte esquema pódense ver as recomendacións sobre o itinerario de atención que establece a Guía.

Endometriosis Algoritmo de atención

Como se pode observar, a derivación cara unidades máis especializadas é unha figura esencial á hora de dotar dunha atención de calidade e de mellorar as condicións de vida das afectadas. Sen embargo, soe ser un proceso difícil no que as pacientes nos atopamos con numerosas trabas. Por iso, deixámosvos aquí unha serie de documentos para demandar as derivacións ante as autoridades competentes. Cada caso ten as súas singularidades e a continuación analizamos dúas situacións ben distintas:

1.- Solicitude de derivación a un equipo multidisciplinar fóra de Galicia

Para ter acceso cando se padece unha endometriose grao IV á derivación a un equipo multidisciplinar fóra da comunidade galega (xa que en Galicia non existe ningún)  é fundamental contar cun xinecólogo/a favorable á derivación. Neste caso, son eles quen se encargarán de realizar todos os trámites necesarios.

Sen embargo, a falta de coñecemento e sensibilidade fronte á endometriose fai que algúns profesionais non sexan favorables a dita derivación. Neste caso, precisaremos presentar unha reclamación ante o Servizo de Atención ao Doente do noso hospital. Aquí vos proporcionamos os documentos necesarios.

NOTA: Recorda que o que aquí che proporcionamos é un modelo que pode ser de axuda. LE SEMPRE ATENTAMENTE o documento e adáptao ao teu caso. Se precisas da nosa axuda, AQUÍ ESTAMOS!

2.-Solicitude de derivación ao servizo de xinecoloxía

Aínda que adoita ser menos común, pode darse o caso que, tendo diagnosticada a doenza, o médico de atención primaria non nos derive ao servizo especializado en xinecoloxía cando se producen cambios importantes no noso estado de saúde. Para estes casos tamén redactamos este modelo (descárgao aquí) que se axuntará tamén a unha folla de reclamación tipo.

NOTA: Recorda que o que aquí che proporcionamos é un modelo. LE SEMPRE ATENTAMENTE o documento e adáptao ao teu caso. Se precisas da nosa axuda, AQUÍ ESTAMOS!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s