A endometriose

En qué consiste a doenza da endometriose?

Na implantación e crecemento benigno de tecido endometrial (glándulas e estroma) fóra do útero, de predominio no peritoneo pélvico e os ovarios. A extensión da doenza varía dende poucas e pequenas lesións ata grandes endometriomas ováricos e/ou grandes e extensos nódulos/fibroses e adherencias que causan unha severa distorsión da anatomía pélvica normal. A endometriose é unha doenza inflamatoria estróxeno-dependente de orixe descoñecida.

Por onde se pode extender o tecido endometrial?

As localizacións máis frecuentes son o ovario, peritoneo, ligamentos uterosacros e fondo de saco de Douglas, sendo raros fóra da pelve, aínda que poden afectar a cualquera órgano (pleura, meninxes, etc.). Na pelve poden afectar e invadir órganos diferentes dos xenitais internos, como o intestino, frecuentemente recto e/ou sigma, e vexiga e uréteres. Noutras ocasións o tecido endometrial ectópico localízase no espesor do tecido miometrial uterino producindo unha variante de endometriose chamada adenomiose que pode ser difusa ou focal.

Todas as endometrioses son iguais?

Habitualmente clasifícase a endometriose deste xeito:

  • Estadio I Mínima: Implantes aillados e sen adherencias.
  • Estadio II Leve: Implantes superficiais menores de 5 cm. Adheridos ou diseminados sobre a superficie do peritoneo e ovarios.
  • Estadio III Moderada: Implantes múltiples superficiais ou invasivos. Adherencias ao redor das trompas ou periováricas, que poden ser evidentes.
  • Estadio IV Severa: Implantes múltiples, superficiais e profundos que inclúen grandes endometriomas ováricos. Usualmente obsérvanse adherencias membranosas extensas.

Pero é importante saber que este sistema de clasificación non é quen de correlacionar o estadio co tipo e/ou severidade dos síntomas e o seu pronóstico, nin tampouco co pronóstico de embarazo.

Cales son os síntomas máis frecuentes na endometriose?

  • A dor: Dor de regra (Dismenorrea) que non cede co tratamento habitual, Dor crónica pélvica, Dor coas relación sexuais (Dispareunia intensa) coa penetración profunda, Dificultade ao defecar (Disquecia cíclica) con ou sen rectorraxia.
  • A infertilidade.

 

Cales son os tratamentos habituais?

A endometriose é unha das doenzas máis enigmáticas e controvertidas da xinecoloxía, por iso, non existe un tratamento idóneo para a mesma. Por agora non existe ningún tratamento capaz de lograr os catro obxectivos terapéuticos básicos: suprimir os síntomas (dor pélvica), restaurar a fertilidade, eliminar a endometriose visible e evitar a progresión da doenza.

Podemos dividir o tratamento da endometriose en:

  1. Tratamento hormonal (Proxestáxenos, anticonceptivos hormonais combinados, Danazol e Xestrinona, Análogos de hormonas liberadoras de gonadotropina, Dispositivo intrauterino de Levonorxestrel (DIU_LNG). O mecanismo de acción é reducir os efectos dos estróxenos sobre o endometrio ectópico desta forma aféctanse as células endometriais que requiren estróxeno para sobrevivir.
  2. Fármacos analxésicos. A abordaxe debe ser multidisciplinar, especialmente nos casos nos que a dor é de difícil tratamento e pode ser necesaria a atención por parte de Unidades de dor.
  3. Tratamento cirúrxico. A mellor abordaxe cirúrxica obtense mediante laparoscopia.

Quen se debe ocupar de atender ás mulleres con endometriose?

Primeiramente a Atención Primaria que debe derivar á Atención Especializada. Para a atención de casos de endometrioses profunda de gran complexidade, requírese a participación de profesionais de xinecoloxía con experiencia en cirurxía xinecolóxica avanzada, cirurxía xeral con experiencia en cirurxía colo-rectal, uroloxía, diagnóstico por imaxe, radioloxía, experto en tratamento de dor pélvica, psiquiatría ou psicoloxía clínica e reprodución asistida.

A endometriose afecta a moitas mulleres?

Considérase que a endometriose afecta ao 10% das mulleres en idade fértil. De se confirmar este dato en Galicia habería unhas 60.000 mulleres afectadas por endometriose.

 

Fonte da información:  Guía de atención ás mulleres con endometriose no Sistema Nacional de Saúde (SNS)

Próximamente máis e mellor información para fomentar diagnósticos máis precoces e para mellorar a calidade de vida de todas as afectadas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s