querENDO seguir traballando polas mulleres con endometriose

A visibilización da endometriose, a reivindicación da mellora na atención sanitaria que recibimos e o apoio entre doentes está no ADN de querENDO Mulleres con endometriose.

É unha carreira de fondo e por relevos. Para iso a asociación vén de renovar recentemente a súa directiva quedando conformada da seguinte maneira:

  1. Presidenta: Cristina Fernández Feijóo.
  2. Secretaria: Cristina Novoa Fraga.
  3. Tesoureira: María González Rumbo.

Vocais:

  1. Iria Villar Rodal.
  2. Sara Rivas Martínez.
  3. María Cana Villar.
  4. Carmen Baamonde Argul.
  5. Lucía Reges Fernández.
  6. Berta Vega Villamil.

Na mesma asemblea de socias aprobouse a Memoria da anterior directiva e agradeceuse o tremendo esforzo feito polas socias e colaboradoras da asociación para cumprir os obxectivos da asociación.

  1. Informe Actividades realizadas durante o periodo entre asembleas.
    • Dinamizouse unha Moción-Tipo sobre endometriose que se aprobou nos concellos das cidades de A Coruña (coa asistencia de Cristina Novoa e Ana Basanta), Lugo (coa asistencia de Sofía Balado), Ourense (coa asistencia de Berta Vega, Cristina Fdez Feijoo e Bea Cerviño), Pontevedra, Vigo (Coa asistencia de Yolanda Fortes), Santiago de Compostela (coa asistencia de María Cana e Carme Varela) e Ferrol (coa asistencia de Ana Glez Basanta). Tamén se aprobou nas 4 deputacións galegas (Coa asistencia en Pontevedra de Sara Rivas e Carme Varela) e en moitos concellos de tamaño medio e pequeno como Ribadumia, Cangas, Salceda de Caselas (coa asistencia de Carme Varela), Mos, Ribadavia, Arteixo, Cee, Barbadás (coa asistencia de Bea Cerviño), Xinzo de Limia, Redondela, Burela (coa asistencia de Cristina Novoa), As Pontes, Culleredo… Nalgúns estivemos presentes na defensa da moción, noutros foi imposible ou ben porque non avisaron do día no que se ía tratar, avisaron con pouco tempo ou ben directamente non había ningunha socia que puidese desprazarse.
    • Distribución en Centros educativos do folleto da endometriose.  Fixemos un envío masivo de mails a centros educativos e todos os que o pediron recibiron folletos.

Enviáronse dípticos para reparto en centros de ensino entre outros ao Concello de Pontevedra, ao Concello de Ribadavia, Concello de Noia, Concello de Sanxenxo, Concello de Muxía, Concello de Ortigueira, Concello de Xinzo de Limia, Concello de Ribadumia, Concello de Rianxo, Concello de Redondela, Concello de Boqueixón, Concello das Pontes, Concello de Oleiros, Concello de Culleredo, IES Monte Castelo de Burela, IES de Meaño, IES A Guía de Vigo, IES de Quiroga, IES de Salvaterra de Miño, IES Xunqueira I de Pontevedra, IES Beade de Vigo, IES Monte da Vila do Grove, IES Castro Baronceli de Verín, Ies Taboada Chivite de Verín, IES Praia de Barraña de Boiro, IES Monte Neme de Carballo, IES Ramón Cabanillas de Cambados, IES Ricardo Mella de Vigo, IES Val Miñor de Nigrán, IES Fontexería de Muros, IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, Instituto de Bertamiráns, Instituto Antón Fraguas de Santiago. O Concello de Santiago de Compostela pediu tamén 500 dípticos.

  • Partido de baloncesto de concienciación da endometriose Breogán-Real Madrid. 16/12/2018.
  • Partidos de fútbol sala de concienciación da endometriose en Burela. 13/04/2018
  • Día da endometriose en Marzo na Coruña coa realización de charlas sobre a fisioterapia aplicada á endometriose por Sandra Martínez e sobre tratamentos farmacolóxicos por Cristina Fdez Feijoo e unha concentración no Obelisco con lectura dun Manifesto.
  • Campaña de iluminación de edificios polo día da Endometriose (A Coruña –Deputación e Torre de Hércules-, Vigo –fontes-, Ourense –Ponte romana-, Lugo –Pazo de San Marcos- Santiago –Pazo de Raxoi-, Oleiros –Castelo de Santo Antón-, Ames -colocación dun lazo amarelo na fonte-, Cangas –Casa do Concello- Pontevedra –edificio da Deputación, Ferrol Casa do Concello.
  • Campañas en buses urbanos da Coruña e de Ourense e en Pantallas dixitais de Oleiros.
  • Campañas de Adhesivos nos baños públicos en Cangas, Mos, Oleiros, Ribadumia, Ferrol, Ourense, Ortigueira, Teo, Deputación de Lugo …
  • Charlas de divulgación:
  • 6/06/2019. Lalín. Aida Soto Mazás.
  • 30/04/2019. Ferrol. Estrea do espectáculo de Sole Felloza “se a regra non che deixa facer vida normal”.
  • 26/04/2019. Muxía. María González Rumbo. Mesa redonda sobre saúde e muller.
    • 20/04/2018. Mesa redonda coa endocrinóloga Carme Valls Llovet en Santiago (Iria Villar). Saúde e desigualdades de xénero.
    • 21/04/2018. Presentación do Libro Medioambiente y Salud de Carme Valls Llovet. (Carme Varela e Alicia Ares)
    • 5/05/2018. Día das matronas. Cidade da Cultura. Berta Vega.
    • 13/06/2018. Charla da Fisioterapeuta Laura Gómez.
    • 7/06/2018. Foro de participación cidadá en materia de igualdade. Lugo. Andrea López.
    • 1/06/2018. Mesa redonda de endometriose organizada pola deputación da Coruña. María González Rumbo.
    • 6/07/2018. Novo Mesoiro A Coruña. Charla do Observatoiro de Igualdad. Cristina Novoa Fraga.
    • 26/10/2018. Marín. Cristina Fernández Feijoo.
    • 14/11/2018. Teo. Cristina González.
    • 17/11/2018. Xornadas Saúde e xénero En Marea. María Cana.
    • 21/11/2018. Ribadavia. Cristina Fernández Feijoo.
    • 27/11/2018. Lugo. Charlas feministas do BNG. Andrea López.
    • 30/11/2018. Vilalba. Lucía Reges.
    • 18/01/2019. Ribadumia. Iria Villar e Rocío Vila.
    • 13/03/2019. A Coruña. Café Feminista. Cristina Novoa.
    • 14/03/2019. As Pontes. Cristina Novoa.
    • 4/04/2019. Sanxenxo. Cristina Fernández Feijoo.
    • 5/04/2019. Ortigueira. Ana Isabel Pernas.

 

  • Campaña nos Colexios de Farmacia. Xestionada por Cristina Fernández Feijóo nos 4 Colexios Provinciais con charlas de xinecólogos en Ourense Dr. David Gómez, en Pontevedra Dra. María Vieitez, en Lugo Dr. Cristóbal Garfia e na Coruña Dra Helena Rodríguez.
  • Repartos nas manifestacións o 8 de marzo en Lugo, Santiago, A Coruña, Cangas, Burela, Bueu, Ferrol, Ourense,
  • Puntos info de endometriose:
    • 22-23-24/03/2019. Art Woman Ourense
    • 12/10/2018. Mercado de Burela.
    • 29/09/2018. Romería feminista de Barbadás.
    • 28/09/2018. A Coruña. Festival sustentable A Margarida verde.
    • 28/09/2018. A Coruña. 35 aniversario do COF Coruña.
    • 22/09/2018. Ferrol. Festival Abanzai de Cultura urbana.
    • 13/08/2018. Foz. Carreira Runfoz pola endometriose.
    • 16/06/2018. Fene. Feira do comercio local. Fashion Night Fene.

 

  • Participación con pancarta na manifestación en defensa da Sanidade Pública en Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2019.
  • Campaña nas redes de Levanta as mans pola endometriose coa participación de numerosas persoas do mundo da música, as artes escénicas, o cine ou a literatura. (Quico Cadaval, Mofa e Befa, Amaro e Iván Ferreiro, Sole Felloza e Manuel Gago, elenco do Centro Dramático Galego, elenco do espectáculo Commedia, Escuchando Elefantes, Rosa Cedrón, Rozalén, Rosalía Castro, Guadi Galego e Guille Fdez, Serxio Pazos, Paula Señarís, Gonzo, Amigos dos Músicos, The Lacazáns, Superglu, Terbutalina, Touriñán, Vega, Mabu, Brisa Fenoy, Xoel López, Carlos Meixide, Macarena García e Claudia Trisac, Xosé Manuel Budiño e Luiz Caracol, Malraio, Fernando Romay, Miguel de Lira, Sonoro Maxín, Korrontzi…). O atleta Martín Pardiñas participou en numerosas carreiras coa camiseta de Levanta as Mans pola endometriose.

 

  • Cafés contra a endometriose:
  • 27 de Maio de 2018 na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.
  • 30 de setembro de 2018 na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Ferrol.

 

  • Xornada europea pola endometriose. Bruselas. Alianza Europea pola endometriose. 26 de xuño. Asisten Cristina Fdez Feijoo e Bea Cerviño.

 

  • Vídeo en lingua de signos pola endometriose coa colaboración da familia Vázquez.

 

  • Reunión coa xerente da EOXI de Santiago de Compostela para falar das necesidades do servizo na que nos anuncia a posta en marcha da consulta específica de endometriose. Asistiron Iria Villar e Carme Varela e a xestión fíxoa María Carmen Armas Castro.

 

  • Reunión co Xefe de servizo de xinecoloxía de Ferrol. Asisten María Cana e Ana González Basanta. A consulta específica de endometriose porase en marcha pasado o verán.

 

  • Presentación do programa de Biblioterapia do Chuf. Asiste Iria Pérez Muíño.

 

  • Seguíronse atendendo telefonicamente ou de forma presencial as consultas de afectadas ou mulleres que teñen sospeitas, así como a colaboración na redacción de queixas e reclamacións ao SERGAS.

 

  • Reunións con distintas entidades como a Subdelegada do Goberno Pilar López Rioboo, os grupos políticos de Barbadás, a alcaldesa de Mos ou reunións co Ministerio de Sanidade, os Servizos de Igualdade das universidades galegas, os Centros quérote+, Concellalías dos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Cangas, Lugo, Vigo…

 

  • Elaboración dun extenso informe sobre a situación dos pagos de medicación que foi enviado ao Ministerio de Sanidade e aos grupos políticos.

 

  • Carta aberta e solicitude de entrevista con Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social polo tema da ovodoazón e a asistencia aos temas de fertilidade.

 

  • Carta aberta á deputada do PP María Teijeiro despois da súa intervención no pleno da Deputación de Lugo votando en contra.

 

  • Mantemento continuado do Blog e as redes sociais.

 

 

Mantívose en funcionamento o grupo de whatasapp de socias e a lista de distribución de socias e non socias.

A SEGUIR TRABALLANDO E MOITA SORTE Á PRÓXIMA DIRECTIVA !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s