querENDO as farmacias galegas

Que as farmacias forman parte da nosa vida como doentes crónicas ninguén o pode negar. Cantas veces recorremos a elas para facer consultas urxentes que non temos con quen solucionar! Cantas dúbidas solucionadas no momento, canta compresión cando máis falta fai!

Por iso de todas as campañas de divulgación que levamos feitas esta desenvolvida cos Colexios oficiais de farmacéuticos das catro provincias galegas é tan querida por nós. Nada resultou máis doado! falamos cos catro colexios oficiais de farmacéuticos e de seguida acordamos unha charla formativa para os seus colexiados impartida por un xinecólogo ou xinecóloga e a impresión de dípticos para todas as farmacias da provincia. No día de onte rematamos as charlas na Coruña que previamente se impartiran en Ourense, Pontevedra e Lugo.

 

Non sabedes a de veces que nos escriben as socias de querendo, emocionadas, por atopar os dípticos nas farmacias ás que acoden.

Coa axuda das farmacias galegas imos rachar o retraso diagnóstico, polas que están sen diagnosticar! GRAZAS aos farmacéuticos galegos! Grazas tamén aos catro xinecólogos que impartiron as charlas nas catro provincias.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s