querENDO que todas saiban que é a endometriose

A maior parte das mulleres non escoitaron nunca falar da endometriose. Aínda así é unha doenza que afecta a unha de cada 10 mulleres en idade fértil. Non sabemos identificar os seus síntomas e normalizámolos contribuíndo a que o retraso diagnóstico se estime en 8 anos de media.

A SGOX avala a información dun díptico que agora vai chegar a milleiros de mulleres en Galicia grazas a que moitas Entidades están colaborando con querENDO na súa divulgación.

Velaí van os seus contidos para que vós tamén os poidades espallar.

Nesta campaña colaboran distintas entidades. A todas elas lles manifestamos o noso agradecemento:

Á SGOX por avalar os contidos do díptico.

Á Deputación da Coruña por imprimir 25.000 exemplares.

Á Deputación de Pontevedra por imprimir 25.000 exemplares.

Ao Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense por imprimir 2.500 exemplares e organizar unha charla formativa para os seus colexiados.

Tamén a Leandro Lamas que nos cedeu de balde os dereitos de reprodución da imaxe do díptico.

Seguimos sumando apoios na visibilización da endometriose!

Se traballas nun centro educativo e che gustaría que os dípticos chegasen ás túas alumnas envíanos un correo a mulleresconendometriose@gmail.com ou comparte este contido con elas. Lembra que 1 de cada 10 terá no futuro endometriose.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s