querENDO que o Parlamento de Galicia mire por nós

Hoxe, mércores de cinza, para as mulleres con endometriose caeron as caretas no Parlamento de Galicia.

No ano 2015 o Parlamento votou por unanimidade unha moción sobre endometriose que dicía literalmente:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia e, en particular, a Consellería de Sanidade, a:

  1. Difundir a Guía de coidados a mulleres con endometriose publicada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, entre os profesionais e as profesionais sanitarias que atenden a estas mulleres (persoal de xinecoloxía, persoal de medicina en atención primaria, persoal de enfermaría, matronas e matrones…) co fin de mellorar a atención que reciben as enfermas con endometriose.
  2. Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de poñer en marcha un Plan de detección precoz da endometriose.
  3. Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de levar a cabo a creación de unidades de endometriose especializadas e multidisciplinares nos hospitais públicos de Galicia.
  4. Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de facilitar as derivacións das pacientes con endometriose grao IV a unidades especializadas, incluíndo outras áreas sanitarias (mesmo fóra de Galicia) mentres non as haxa na área propia da doente ou as existentes non poidan asumir todos os casos.
  5. Fomentar o coñecemento da doenza por parte das mulleres en idade fértil e de maneira singular entre as menores de 25 anos.
  6. Transmitir aos Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia a necesidade de fomentar a investigación sobre a endometriose”.

Nós sabemos ben que houbo un incumprimento dese acordo. Nestes dous anos que transcurriron non fixemos outra cousa máis que lembrarllo ao SERGAS, ao Goberno da Xunta e aos medios de comunicación. Tamén ao Parlamento de Galicia.

O Deputado Xulio Torrado do PSdeG, a deputada Montse Prado do BNG, a deputada Solla Fernández de En Marea tomaron a palabra para defender novamente as nosas demandas.

O PP votou en contra da ratificación do moción do ano 2015. Votou devolvéndonos á desesperanza. E si señorías, sentímonos insultadas. Sabemos, por experiencia propia e con moito sufrimento, que nada se avanzou. Obras son amores. Non intenten enganarnos.

Imos facer un repaso dos incumprimentos con respecto á moción aprobada en 2015 punto por punto:

  1. A guía de coidados publicouse e está colgada nunha web. Iso non é difusión. Cando o SERGAS quere difundir algo sabe como facelo. Hai que facer presentacións públicas. Hai que xuntarse cos profesionais e implicalos na súa aplicación. Hai facer un seguimento da súa aplicación. Nada diso se fixo.
  2. Non hai Plan de detección precoz de endometriose nin sequera se creou o grupo de estudo para elaboralo. Non o habendo non se pode aplicar.
  3. Non hai ningunha unidade multidisciplinar de endometriose en toda Galicia. Sen compararnos con Madrid ou Cataluña, comparémonos con Aragón. Coa metade de pobocación que nós ten dúas unidades multidisciplinares. Galicia ningunha.
  4. As derivacións a unidades multidisciplinares seguen sen facerse. A guía do ministerio recomenda derivar a todas as graos IV.
  5. Non houbo ningunha campaña de divulgación, salvo as que nós como asociación fixemos.
  6. Na actualidade non hai ningún proxecto de investigación en Galicia relacionado con esta doenza que afecta a polo menos 60.000 galegas.

Para ver o que alí sucedeu pódese ir á gravación da sesión neste link:

http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/comision-5-sanidade-politica-social-emprego-2018-02-14 (a partir do 1.20.50)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s