querENDO que a peregrinación de Claude sirva para divulgar a endometriose

Un francés percorre 1.400 km pola endometriose

Claude Martin é un normando que está a facer o camiño de Santiago e que saiu o 24 de xuño de Puy en Velay para pedir pola endometriose da súa nora.

Este domingo 30 de xullo ás 10h ten previsto chegar a Santiago de Compostela Claude, un francés da normandía de 64 anos que peregrina pola endometriose que padece a muller do seu fillo. Nós estaremos agardándoo e ti tamén podes vir!

Claude Martin saiu o 24 de xuño de Puy En Velay no departamento de Haute-Loire seguindo a Via Podensis. Comezou o camiño a pé nesta localidade a 135km de Lyon. En Santander decidiu mercar unha bicicleta para chegar a tempo e cumprir unha promesa que fixo pola súa nora: vir a Compostela e dar a coñecer esta nova “epidemia oculta” que sofren as mulleres en idade reprodutiva e que se chama endometriose.

Este normando botou a andar coa mochila cargada de información da asociación Endomind e foina deixando nas vilas polas que pasou mentres andou por territorio francés.

Como di o folleto que Claude Martin veu repartindo no tramo francés do camiño a endometriose é unha doenza que pode provocar regras moi dolorosas, infertilidade, problemas intestinais e urinarios, dor coas relacións sexuais, dores pélvicas e un longo etc de afectacións xa que con esta doenza o tecido do endometrio –parte máis interna da matriz- pode extenderse e medrar sobre calquera órgano ou parte da anatomía da muller provocando inflamación e dor. A endometriose afecta arredor dun 10% das mulleres en idade reproductiva e destas un 15% ten formas verdadeiramente graves. Non hai idade específica para padecela e nalgunhas mulleres os síntomas poden aparecer xa coas primeiras regras e continuar mesmo despois da menopausia.

A embaixadora da asociación Endomind, a cantante francesa Imany (https://es.wikipedia.org/wiki/Imany) dixo a propósito da endometriose e das mulleres que a padecen:

“Isto non é unha causa feminista, é unha causa humanista que ten que ver coas nosas nais, coas nosas irmás, coas nosas mulleres, coas nosas compañeiras de traballo, coas nosas mellores amigas, a quen se lles está a negar o dereito a unha vida normal”.

Claude Martin tiña pensado chegar a Santiago o 24 de xullo pero unha infinidade de problemas no camiño –dende a rotura dunhas gafas ata un intento de roubo entre outras cousas- impedíronlle cumprir coa súa previsión.

Unha vez cruzados os Pirineos Claude e a asociación Endomind puxéronse en contacto con querENDO –a asociación de mulleres con endometriose de Galicia– para solicitar a súa axuda na acollida unha vez que chegase a terras galegas.

Arredor duns 4 millóns de francesas padecen endometriose –en Galiza unhas 60.000- e nos últimos anos cos gobernos de Manuel Valls os ministerios de saúde, educación e muller de Francia puxeron en marcha unha campaña para facerlle fronte a esta nova epidemia. Esta campaña está centrada en dar a coñecer a doenza baixo o lema: “A regra é normal. A dor non” e está dirixida a centros educativos e á poboación xeral

Cando Claude chegue ao Obradoiro teremos avanzado 1.400km cara o recoñecemento dunha doenza oculta que precisa darse a coñecer para mellorar os tempos diagnósticos, a investigación e os tratamentos.

Queda moito camiño por andar pero as afectadas por endometriose vimos de moi lonxe. Vimos dun lugar onde a nosa doenza non se recoñece, non se investiga e onde se culpabiliza ás mulleres da dor que sofren facéndolles crer que teñen o umbral da dor demasiado baixo e por iso non toleran a dor de regra e facéndolles vivir a súa enfermidade en silenzo como se se tratase dun falso problema ou dunha doenza imaxinaria.

As asociacións de afectadas de todo o mundo unidas baixo o movemento Endometriosis Worldwide March consideran que os primeiros pasos para o seu recoñecemento están dados e este camiño xa non ten volta atrás pero que hai que traballar para conseguir coñecer as causas que a provocan, para atopar tratamentos axeitados e para recortar a demora diagnóstica que hoxe está en 8 anos de media.

Mulleres da asociación querENDO agardarán a Claude na praza do obradoiro para darlle a benvida e agradecerlle o seu esforzo por divulgar a doenza.

 

Bienvenu, Claude!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s