querENDO saber máis de endometriose

IMAG2550

Organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns o vindeiro 29 de febreiro de 2016 ás 17h no Hospital Nicolás Peña de Vigo vaise celebrar unha xornada formativa e informativa sobre Endometriose. Intervirán as doutoras Dna María Vieitez e Dna Helena Rodríguez -unidade de endometriose do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo-. A xornada foi solicitada por querENDO Mulleres con endometriose e está pensada para pacientes, familiares e cidadáns en xeral. A xornada é gratuíta e só hai 30 prazas disponibles.

Podedes inscribirvos aquí nesta páxina do SERGAS.

Falarase de:

Endometriose. Cales son as causas e con qué está relacionada. Diagnóstico e tratamento. Cando contactar co médico. Síntomas. Posibles complicacións. Prevención. Dúbidas e preguntas.

Advertisements

2 thoughts on “querENDO saber máis de endometriose

  1. Ola a tod@s,
    Comunícanme que esta xornada non se vai poder gravar. As pacientes que somos de lonxe tamén temos dereito a ver o que ali se fala, e non entendo que non se poida gravar para podelo ver. Ademáis cas poucas prazas libres que hai para poder asistir (30), o resto da xente interesada, ¿cómo vai facer pra velo?
    Grazas. Unha paciente de endometriose moi interesada no que se vai dicir sobre a súa doenza.

    Gústame

  2. Somos moitas as pacientes que estamos interesadas no que se poida falar nestas xornadas e por razóns laborais non podemos asistir a elas, polo que sería interesante que se permitira gravar as xornadas para a posterior difusión e así lograr que un número maior de xente sexa informada. Grazas

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s