querENDO lembrar que na Consellería de Sanidade non nos escoitan -e tampouco ao Parlamento-.

carta_parlamento

Estimados Sres:

Esta pasada semana cumpríronse os 6 meses da resolución que por unanimidade adoptou o Parlamento de Galicia referida á endometriose.

Aquel 22 de abril foi para nós unha data esperanzada. Non é que interpretásemos que a resolución fose a significar unha solución a todos os nosos problemas no referente á asistencia sanitaria que recibimos, pero si agardabamos que a Consellería de Sanidade non desoiría tan abertamente a todo un parlamento.

Non ocultamos que para nós resulta altamente frustrante que nada se teña feito por convocar ese grupo de traballo para estudar a problemática da endometriose en Galicia.

Pasados seis meses e cumprido o prazo dado polo Parlamento, consideramos que a Consellería virou as costas á resolución da Comisión de Sanidade e todo continúa no mesmo punto no que estaba.

A Guía de coidados a mulleres con endometriose, aprobada polo Ministerio de Sanidade –que nós críamos que era suficiente aval para ser distribuída entre os profesionais- segue sen ser enviada a estes. Non deixa de ser descorazonador que algo que non ten custe económico –que valor económico ten enviar un correo electrónico cun arquivo pdf?- segue a estar bloqueado.

Por suposto nada sabemos da formación do grupo de traballo que tiña que estudar as restantes cuestións. Chamamos en reiteradas ocasións á Consellería pero en 6 meses non conseguimos ningunha resposta tranquilizadora.

Sabemos que a Consellería de Sanidade se viu sacudida nestes últimos meses por diferentes problemáticas que están á vista da opinión pública, pero tamén entendemos que as arredor de 60.000 mulleres que padecemos endometriose en Galicia non merecemos que o noso problema sexa infravalorado ata o punto de nin sequera ser obxecto de estudo.

Por todo isto, reiterámoslle o noso agradecemento pola iniciativa que por unanimidade adoptaron no seu día e solicitámoslle que non esquezan que o prazo dado por ese Parlamento á Consellería non se cumpriu e que as mulleres con endometriose seguimos agardando a constitución do grupo de traballo e as resolucións do mesmo.

Saudiña!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s