Encontro de mulleres con endometriose

Captura

O vindeiro domingo 14 de xuño ás 11h atoparémonos en Santiago co fin de facer un encontro de mulleres con endometriose e poder tratar os temas que nos preocupan relacionados coa nosa doenza.

11h. Intercambio de Experiencias propias e intercambio de opinións sobre o que agardamos todas da asociación.

12.30h Reunión formal da asociación (aínda que non sexas socia estás convidada). A orde do día será a seguinte:

  1. Informe de actividades desenvolvidas ata o momento, de trámites administrativos e da situación económica da asociación.
  2. Estratexia ante a formación do Grupo de Traballo sobre endometriose que o Parlamento lle demanda á Consellería de Sanidade.
  3. Plan de actividades a desenvolver en 2015.
  4. Rogos e preguntas

NOTA.- Agradecemos que nos comuniques se tes pensado vir ao correo mulleresconendometriose@gmail.com

Agardámoste! Todas temos moito que aportar!

Imagen 2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s