querENDO celebrar o 28 de marzo, día da endometriose

As mulleres de querENDO celebraron este ano por partida dobre o 28 de marzo o día da endometriose.

IMAG2084

A primeira cita tivémola na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Co ánimo de sacar á rúa esta doenza creamos un punto informativo no corazón da praza compostelana. Alí houbo tempo para informar a afectadas que descoñecían a existencia da asociación e se sorprenderon ao atoparnos alí, para falar con mulleres -e tamén homes- que querían recibir máis información sobre a doenza, as condicións nas que somos atendidas en Galicia, as razón polas que a Guía de Coidados a mulleres con endometriose editada polo Ministerio de Sanidade non ten implantación en Galicia… Fixemos contactos, recibimos felicitacións pola iniciativa e moitos ánimos para seguir no traballo que estamos realizando. Tamén nos serviu para poñernos caras entre algunhas das afectadas que só nos coñeciamos polas redes ou o correo electrónico.

Aos praceiros de Santiago de Compostela debémoslle unha.

IMAG2079

IMAG2080

O outro punto de interese tivo lugar a centos de quilómetros de distancia, en Madrid. Foi alá onde a nosa secretaria Ana Touriño, recibiu o encargo de ser a voz de todas as asociacións do Estado Español (Adaec, Adaez, Aexae, Endocat e querENDO) no acto principal das celebracións das II xornadas  da endometriose. Hospital La Paz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s