querENDO máis coidados para as galegas con endometriose

A asociación ven de pedir tamén unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Dna Rocío Mosquera, para coñecer de primeira man o calendario que manexa a Consellería para darlle cumprimento ás recomendacións recollidas na Guía de atención ás mulleres con endometriose editada polo Sistema Nacional de Salud xa que en Galicia non están a cumprirse en ningunha das áreas sanitarias e tampouco se deu a coñecer entre os profesionais de primaria.

A principal demanda é a creación de unidades multidisciplinares de endometriose co fin de mellorar a atención ás pacientes que están a ser atendidas no SERGAS e evitar que as mulleres galegas con endometrioses profundas teñan que viaxar fóra de Galicia.

A carta concretamente di así:

“querENDO. Mulleres con endometriose é unha asociación creada co fin de mellorar as condicións de calidade de vida das mulleres con endometriose.

Como vostede xa saberá o Sistema Nacional de Saúde publicou unha Guía de atención ás mulleres con endometriose que en Galicia non está a cumplirse en ningún dos 14 hospitais públicos con servizo de Xinecoloxía e Obstetricia.

Como enfermas gustaríanos que á maior brevidade posible se lle dese cumprimento ás medidas que esta Guía recolle, aínda así somos conscientes das dificultades que pode haber para darlle total cumprimento en pouco tempo.

Cremos que un paso imprescindible é o coñecemento desta Guía por parte de todos os profesionais médicos de primaria e tamén de especializada polo que sería da maior urxencia poder achegarlla a todos os médicos de primaria do SERGAS así como aos especialistas da área de Xinecoloxía. Asemade sería moi importante, ao noso modo de ver, tratar de fixar unha folla de ruta calendarizada para poder darlle cumprimento nun tempo razoable.

É por iso polo que vimos solicitarlle unha entrevista, con vostede ou a persoa que vostede designe do seu equipo, para expoñerlle as nosas demandas e coñecer de primeira man cales son os os tempos que o SERGAS manexa para dar solución a todas as eivas que a propia Guía do Sistema Nacional de Saúde enuncia”.

Polo momento, estamos á espera de contestación.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s